Artículo sobre la novela "Azaña será ejecutado" en La Región
Mais non o deron matado, lástima fora, tampouco os nazis que ían ir a por el en Montauban (onde lle deron terra, en cova moi frecuentada) se no fose porque a morte se lles adiantou paradoxalmente. E os irmáns mexicanos, representados nun cónsul, aínda tiveran tempo de arroupalo coa bandeira da serpe. E non o deron matado os anarquistas desta sorprendente novela que me mantivo ocupado nos días últimos porque Azaña non estaba ese día na proxección de La Venus rubia, no Cine de la Ópera (antes, e despois, Real Cinema). Así e todo a operación era tan chafalleira como os ácratas que a argallaran. Sendo ese mundo anarquista (dos arredores dos “Cuatro Caminos”, daquela arrabaldo puro) o cerne e centro desta ambiciosa novela. Que ten un plano actual na chegada a unha copistería dunha rapaza con novela. Novela que esquece durante un tempo, abondo como para que o dono da tenda faga por presentala a un concurso como propia. Logo hai un plano, tamén actual, no que se desenvolve u...